ConcellosRubiáÚltima hora

Os veciños de Rubiá reviven a Paixón de Cristo na tarde do Venres Santo

 

Tal como veñen facendo desde hai anos, na tarde desde Venres Santo os veciños de Rubiá coa colaboración de xente doutros concellos veciños, escenificaban a Paixón de Cristo, o acto máis representativo e multitudinario da Semana Santa en Rubiá e a primera parte dos cultos da xornada.

Dende a oración no Monte dos Olivos, o xuízo e a condea a morte, ata a cricifixión e o traslado ao Sepulcro. Paso a paso, o medio cento de actores percorreron boa parte da vila, representanto cada unha das estacións que levaron a Cristo coa cruz ás costas, polo camiño do Calvario. Dende a praza da Baicela e guiados polo párroco Daniel Pérez.

Máis imaxes no seguinte enlace: https://osil.info/percorrido-visual-pola-paixon-de-cristo-escenificada-en-rubia-na-tarde-do-venres-santo/

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button