A RúaConcellosÚltima hora

O policía local da Rúa Teodoro Alonso, recolle o “Distintivo de permanencia por 25 anos de servizo”

Teodoro Alonso, no centro, coa placa./ Foto cedida.

 

Na mañá deste xoves 27 de abril, o policía local rues Teodoro Alonso Hervella recibía o “Distintivo de permanencia por 25 anos de servizo na Policía Local”, concedido poca Xunta de Galicia.

A entrega da medalla tiña lugar no salón de plenos do Concello da Rúa, aproveitando a reunión da Xunta Local de Seguridade copresidida polo subdelegado do Goberno en Ourense Emilio González e o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, á que temén asistíao xefe territorial Manuel Pardo Cid.

A entrega oficial tiña lugar en outubro de 2022 na sede da AGASP, na Estrada, pero Teodoro non pudo asistir.

Artigos relacionados

Back to top button