CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

O CD Rúa despide a tempada no campo Vicente Solarat goleando ao Parada do Sil CF

Co 6-0 remataba o penúltimo partido de liga disputado na tarde deste sábado 6 de maio

 

Na tarde deste sábado 6 de maio disputábase no campo Vicente Solarat Maceda da Rúa, un dos partidos adiantados da penúltima xornada de liga no grupo 3 de Segunda Galicia: o CD Rúa-Parada do Sil CF.

Pelexando pola liga e o ascenso directo, este era o último partido en casa para o conxunto amarelo que dirixen Javier e Luis María Ferrer e despedíanse da afección por todo o alto, cun contundente 6-0.

 

 

O partido comzaba case cinco minutos antes de tempo. Cotarelo marcaba o primeiro da tarde no minuto 14 de partido e no 34′ Carlos poñía o 2-0. Os visitantes intentaban achegarse á portaría ruesa, pero non o logragan e no 45′ Lora marcaba o terceiro local.

Nunha calurosa e especialmente acertada tarde, Lora marcaba o seu terceiro gol, poñendo o 4-0 no marcador. Bruno marcaba o quinto de penalti no minuto 56 e Ismael sentenciaba co 6-0 no 86′.

 

 

Con este resultado o CD Rúa segue líder á espera do último partido que xogará no campo do Agro ante o CD Trives.

Fotos: Mónica G. Bellver.
Vídeo cedido.

 

Artigos relacionados

Back to top button