Ás rapazas do Rúa Valdeorras FSF non hai quen as pare. Nin sequera as lesións. Malia as baixas de Carolina e tamén de Sabela, o equipo que dirixe Rosendo Durán segue líder da clasificación, na loita pola Copa Deputación, trala vitoria 8-0 ante as do Carballiño FS.
O partido disputábase na tarde deste sábado 6 de maio no pavillón municipal Vitorino Núñez onde as valdeorresas non deron tregua.
O seguinte partido levará ao Rúa Valdeorras ata a capital da provincia para enfrontarse ao Ourense Envialia C.
Fotos cedidas.