Danza, acrobacias e movementos creativos, ás veces usando aparatos como pelotas ou cintas. Numerosas persoas enchían na tarde do 9 de xuño o pavillón vello do Barco para asistir ás exhibicións de ballet e de ximnasia rítmica das nenas das Escolas Deportivas Municipais a partir das sete da tarde. A súa monitoria agradecíalles o esforzo e o traballo realizado ao longo do curso.
Ademais ás nenas eran agasalladas cunha orixinal gallega que recreaba a forma dunha medalla e cunha piruleta, que lles entregaba o concelleiro de Deportes en funcións, Aurentino Alonso, ao remate da exhibición.
Fotos: A.R.