Nesta fin de semana comezaba a celebrarse na aldea de Drados (Chandrexa de Queixa) un encontro multicultural que reúne a diversos artistas de diferentes disciplinas. Estes creadores, chegados de distintas partes de Europa, percorren os recunchos desta localidade da montaña ourensá agasallando a veciños e visitantes coas súas variadas propostas.
A iniciativa, que se desenvolverá ata a tarde do luns, leva por nome “Habitar Drados”. Trátase dun proxecto ideado por Belén, Alba e Elena que encheu esta pequena aldea de persoas chegadas de países como Costra Rica, Mexico, Londres ou Italia. Esta proposta vén de encher de xente e vida as rúas de Drados, o que lle permite desfrutar á veciñanza dun evento cultural singular e que ademais enche de xente e creación artísticas unha rúas que durante boa parte do ano permanecen baleiras e silandeiras.
As xornadas concluirán mañá a mediodía pero as promotoras xa están pensando, de cara ao ano que vén, nunha nova edición do “Habitar Drados” que superou con nota esta proba piloto.
Fotos cedidas.