A chuvia impedía que fose todo o animado que cabia esperar pero así e todo, tras dous días de actividades na honra a Santa María dos Remedios, Larouco baixaba o pano das festas cunha concorrida pancetada popular.
Pasadas as nove da noite do sábado 9 de setembro, numerosas persoas retaban á auga e paraugas en man achegábanse ata o campo da festa para degustar a saborosa panceta asada á grella. A maioría veciños de Larouco pero tamén xente chegada doutros concellos veciños como A Rúa ou O Bolo.
O broche musical á noite e tamén á festa poñíao a Disco Stuu.
Fotos: Carlos G. Hervella.