A chuvia marcaba esta 55ª edición do Descenso do Sil, na que estaban inscritas unhas 169 embarcacións e uns 223 padexeiros, segundo os datos da Federción Galega de Piragüismo. O ganador en K-1 sénior era novamente Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco), que non tivo rival.
A primeira embarcación en chegar á liña de meta era o K-2 sénior de Miguel Castañón e Luis Amado Pérez (Fluvial Barco), ganador nesta categoría.
Pese á chuvia, eran moitas as persoas que seguían a competición tanto dende a saída como ao longo do río en diferentes puntos e mesmo na meta, situada no Malecón do Barco.
Fotos: A.R.
En breve ampliarase información e galería fotográfica.