Tres eran os equipos do CD Rúa que xogaban en casa neste domingo 15 de outubro, e os tres amosaban tamén o seu apoio á VI Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas en Vilamartín lucindo as camisetas moradas antes dos respectivos partidos.
Pola mañá xogaban os pequenos do equipo alevín B que vencían 4-0 aos do Pabellón Ourense e tamén os do equipo infantil B que vencían 7-1 aos do Calasancio. Pola tarde xogaban os séniors que perdían 0-1 ante o Cented Academy.