Estréase dentro do proxecto “MirArte”, que promove dende hai anos Miranda Moda no Barco para amosar a obra de creadores valdeorreses. Ata primeira semana de decembro uns 13 debuxos e bocetos do artista Mauro Docampo poderán verse no escaparate deste establecemento.
“Centrándome na representación da figura humana en escenas costumistas, retratos de coñecidos, familiares ou amigos, creo estes debuxos e bocetos co obxectivo de adquirir destreza técnica
na complexa representación anatómica, da simplificación dos elementos e coa fin de plasmar ideas para futuros proxectos artísticos, así como, conservar recordos”, explica Mauro Docampo, estudante de Belas Artes.
Ademais disto, prosegue, “esta práctica serve como reflexión sobre a estética e a linguaxe pictórica. Unha linguaxe pictórica que varía grazas aos novos coñecementos adquiridos polo entorno socio-cultural no que me encontro e como consecuencia das miñas necesidades ou gustos personais que varían co paso do tempo”.
Fotos cedidas.