Por fin chegaba o momento. Despois de ter aprazada a actuación prevista para finais do mes de outubro, na noite do venres 10 de novembro Son do Sil actuaba no Luar da TVG.
Presentados polo incombustible Gayoso, os músicos valdeorreses subíanse ao escenario da Televisión de Galicia para facer bailar ao público (no estudio e tamén nas súas casas) ao ritmo da súa versión de Adiós ríos adiós fontes, o poema de Rosalía de Castro musicalizado por Amancio Prada, ao máis puro estilo “sondosileño”.