Deputados do PP no Congreso veñen de presentarlle ao Goberno unha pregunta, para a súa resposta por escrito, sobre se ten previsto “recuperar os trens nocturnos de longa distancia operados por Renfe, que conectaban , ata a chegada da pandemia do Covid-19, as cidades e localidades de Galicia con Barcelona e Madrid”.
Os deputados populares lembran no seu escrio que motivos conxunturais e sanitarios derivados da pandemia “levaron á Renfe á suspensión temporaldos servizos do tren hotel Galicia-Barcelona. Unha das súas ramsi partía da Coruña e pasaba por Lugo e a outra rama procedía de Vigo e pasaban por Ourense. Ambas acoplábanse en Monforte de Lemos e dende alí saían deténdose en estacións de Valdeorras para seguir traxecto e parar en varias localidades de Castela e León, como Ponferrada, Astorga… finalizando en Barcelona”.
Os deputados populares entenden que xa é o momento de que “Renfe siga a senda destes países e tome decisións en orde a recuperar os trens nocturnos suprimidos e, en particular, os de comunicación de Galicia con Barcelona e Madrid”.