Mimando cada detalle e botando man da madeira, de diversos elementos vexetais e de moito enxeño e creatividade, a veciñanza da Veiga vén converter novamente esta vila en escenario dun xigante “Belén enxebre” que volvía sorprender neste sábado 23 de decembro, no que se inauguraba.
Dende pequenas figuriñas talladas en madeira a outras de tamaño natural, pasando por unha serie de fauna propia dos montes de Trevinca como os ourizos cacheiros e ata outros animais domésticos, pero tamén fermosas casas e escenas de oficios tradicionais como os relacionados co liño ou unha matanza do porco tradicional e, por suposto, representación do nacemento de Xesús.
Este fermoso “Nadal Enxebre” esténdese polas diferentes rúas da Veiga e é obra do esforzo e traballo colectivo da súa veciñanza.
Fotos: Carlos G. Hervella.