Na xornada do 11 de maio a Denominación de Orixe Monterrei celebraba diferentes actividades para conmemorar a celebración do Día Viño DO 2024. Tiñan lugar na contorna do Castelo de Monterrei.
A primeira delas foi unha cata de viños brancos e tintos da denominación, realizada por Juanjo Figueroa, presidente da Asociación Galega de Sumilleres (AGASU). A continuación, efectuouse o tradicional brinde, que tivo lugar á vez en 34 denominacións de orixe de toda España.

