CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Nova exhibición de maquillaxe profesional no IES Lauro Olmo do Barco

A actividade de formación co profesorado do departamento de Imaxe Persoal foi impartida por Israel Antúnez Fernández, da Escola Makeup Creative de Madrid

Coincidindo co final de curso, un mes e medio despois de que os alumnos de Peiteado e Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo do Barco asistisen a unha exhibición de maquillaxe e caracterización da man da maquilladora profesional Yolanda Gómez, o instituto baquense recibía a outro profesional.

 

 

 

Na xornada do venres 31 de maio o maquillador Israel Antúnez Fernández, da Escuela Makeup Creative de Madrid, achegábase ata O Barco de Valdeorras para crear outro personaxe. Yolanda Gómez daba vida en directo a unha Geisha mentres que Israel elaboraba unha maquillaxe de fantasía inspirada no mar, utilizando técnicas de aerógrafo e pincel.

 

 

Foi unha actividade de formación co profesorado do departamento de Imaxe Persoal do IES Lauro Olmo coa colaboración do IES A Muralla Romana e o IES A Pinguela e os modelos foron fotografados no malecón barquense, fóra e dentro das augas do Sil.

 

 

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button