EconomíaEconomíaÚltima hora

O Bar Mariñán reabre as portas en Veigamuíños (O Barco), corenta anos despois

 

Dende o 20 de abril as portas do mítico Bar Mariñán volven estar abertas na localidade barquense de Veigamuíños, con Paco Álvarez á fronte.

“O meu pai abría o bar no ano 1984 e agora, corenta anos despois, decidín reabrilo eu”, conta Paco, asegurando que mantén a esencia do típico café-bar de barrio, dos de toda a vida, aberto de dez da mañá a peche (en torno as once da noite) a excepción do luns e martes pola mañá que permanece pechado.

 

 

Do resto, volve ser lugar de encontro para os veciños desta parte do Barco de Valdeorras, onde tomar un café, unha cervexa ou unha copa a escasos 50 metros do Camiño de Inverno (dirección albergue de Xagoaza) polo que terá selado de compostela.

 

Localización do bar./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button