O Concello do Barco de Valdeorras foi convidado polo de As Pontes a facer un campamento intermunicipal con máis concellos, no que participarán nenos e nenas de outros 4 concellos como son As Pontes, Malpica, Viana e Arteixo e que se celebrará en Vilarbó, que está situado en plena fraga atlántica pertencente ás Fragas do Eume, e aínda non forma parte da extensión do parque conta coas súas características. Neste 2024 son dous os campamentos ofertados: Multiaventura e Robinson.
O Campamento Multiaventura está pensado para nenos/as de 12 a 17 anos de idade e desenvolverase do 5 ao 16 de xullo cun prezo de 314€ (sen transporte). Entre as actividades que se realizarán están xogos acuáticos, canoa e remo, splatmaster, paintball, xogos (populares, alternativos, deportivos), tiro (con arco, carabina e cerbatana), artesanía, medio ambiente, roteiro, travesía polo Eume, animación nocturna, acampada no río…
O Campamento Robinson está pensado para nenos/as de 7 a 11 anos de idade e desenvolverase do 23 ao 30 de xullo cun prezo de 221€ (sen transporte). Entre as actividades que se realizarán están xogos e deportes acuáticos, canoa e remo, splatmaster, obradoiro de cor, artelladas, xogos (populares, alternativos, deportivos), xincana, roteiro, animación nocturna…
Para o primeiro hai 20 prazas e para o segundo 15. O venres 7 de xuño ás 14 horas no salón do 3º andar do Edificio Multiusos, realizarase unha reunión na que: se o número de preinscricións é igual ao número de prazas das que dispomos, farase comunicado desta situación e informaráselle a todos/as do sistema de matrícula (entregaranse xa os impresos de matriculación…); se o número de preinscricións é superior ao número de prazas, e non se puideron conseguir máis, procederase a un sorteo.
Se non fose preciso realizar sorteo e quedasen prazas libres, neste momento outorgaránselle as mesmas aos mozos/as non empadroados que se tivesen preinscrito, seguindo orde de preinscrición.





