
A Denominación de Orixe Valdeorras vén de lograr un total de 24 medallas nos Premios Baco 2023, un concurso da Unión Española de Catadores no que se distingue aos viños elaborados na colleita máis recente, neste caso ao do 2023.
No caso de Valdeorras lográbanse 2 Gran Baco de Ouro co Sampayolo mencía 2023 (Adega Sampayolo SL) e con A Cercada (Santa Marta). Tamén se sumaban ata 9 Bacos de Ouro: Pedrazais godello (Alán de Val), Alento (Roandi), Guitián Joven (A Tapada), Sampayolo godello en Lágrimas Olivedo (Sampayolo), Viñaredo godello e Viñaredo mencía (Santa Marta), Joaquín Rebolledo mencía e Joaquín Rebolledo godello (Joaquín Rebolledo), Quinta da Peza godello (Quinta da Peza).
Ademais a D.O. Valdeorras recibía 13 Baco de prata: A Coroa (A Coroa), Cepado godello (Adega Cepado), Lagar do Cigur godello (Adega Melillas e Fillos), Bioca Laureles e Bioca Selección (Bioca), Godeval (Adegas Godeval), Godello Ruchel (Adegas Ruchel), Fardelas (Santa Marta), D’Berna godello (Guitián y Blanco), Hacienda Ucediños (Hacienda Ucediños), Quinta da Peza mencía (Quinta da Peza), Terriña (Verdes Castros godello) e A Traba (Viña Costeira).
Estes galardóns son outrogados por 50 xurados, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron nunha estrita cata a cega a totalidade dos viños participantes. “Trátase de medallas de indiscutible valor promocional para os mejores viños xóvenes de España e estamos encantados de que unha vintena das nosas referencias xoguen nesta liga”, destacou José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras ao respecto das distincións obtidas polos viños da comarca.