PolíticaÚltima hora

O PSOE leva ao Parlamento galego a falta de cobertura das prazas de pediatría no Centro de Saúde do Barco

A deputada socialista Carmen Rodríguez Dacosta./ Cedida.

 

A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez Dacosta presentará mañá unha proposición non de Lei na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia que se celebra mañá martes. Nela pedirá que a Xunta de Galicia resolva a falta de cobertura das prazas de pediatra no Centro de Saúde do Barco.

O grupo parlamentario socialista presentaba esta proposición pasado 2 de maio ante a Mesa do Parlamento, nela sinálase que dende principios de 2024 un único pediatra” atende aos nenos no Centro de Saúde e que a súa xubilación está prevista para o outono. “Ante o deterioro da atención pediátrica e a posible cronificación e agravamento do problema, pais e nais recolleron sinaturas solicitando a axuda e o compromiso das forzas políticas representadas no Concello do Barco, liderando a reivindicacón dun servizo de calidade para a comarca”.

A iniciativa conclúe pedindo que “o Parlamento de Galicia inste á Xunta a que garanta a calidade asistencial no Centro de Saúde do Barco de Valdeorras solucionando a falta de cobertura das prazas de pediatría”.

Back to top button