O partido da 4ª xornada de liga en terceira división que se disputará no campo de fútbol de Calabagueiros, será moi especial. Celebrarase en plenas Festas do Cristo do Barco de Valdeorras, o domingo 11 de setembro, o rival será o R.C.Deportivo B (Fabril) e ademais terá un carácter solidario.
A peña de siareiros do Centro de Deportes Barco, Ultrasil, organiza para ese día unha recollida de alimentos non perecedoiros coa colaboración de Cruz Vermella Valdeorras e o club barquense. Dende Ultrasil Valdeorras adiantan que quen participe nesta iniciativa entrará no sorteo dunha camiseta e un balón asinados polos xogadores do C.D. Barco por cortesía do club. “Con cada quilo que se entregue daremos unha rifa”, explican dende a peña.
Segundo as previsiós, o partido comezará ás 18 horas.