Na mañá deste venres 5 de xuño a empresa láctea Feiraco, integrada na cooperativa rural galega CLUN, entregaba os premios aos gañadores do XII Certame de Microrrelatos, un concurso que se celebra con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas para promover o coñecemento, o uso e a divulgación do idioma galego. Un certame sumou un cento de participantes de toda Galicia, así como a participación do alumnado de oito centros educativos. Como explicou Jessica Rey foron “relatos de moi distinta natureza e temática” que en gran medida representaban a realidade cotiá social na que vivimos, dende violencia de xénero, amizade, asasinatos e desaparicións, enfermidades como alzheimer, morriña… Unha importante parte dos galardóns foron para a provincia de Ourense, os tres da categoría xuvenil (dous deles para rapaces da Pobra de Trives) e o segundo premio da de adultos; mentres que os dous restantes de adulto recaeron na provincia de A Coruña.

Neste acto participaron o director de desenvolvemento de negocio de CLUN, Roberto Casas; o secretario xeral da Lingua, Valentín García; o fundador da Librería Follas Novas, Rafael García; e a directora de Marketing e Comunicación de CLUN, Jessica Rey. Nel entregáronse os galardóns deste XII Certame de Microrrelatos, no que participaron alumnos e alumnas de Secundaria de oito centros educativos de Galicia na categoría xuvenil e case un cento de persoas na que categoría de maiores de 18 anos.
Jessica Rey puxo en valor a creatividade e a calidade dos relatos gañadores e destacou a gran participación que recibiu esta edición do certame. Pola súa banda, Valentín García destacou “a boa saúde e aceptación do Certame de Microrrelatos grazas o seu elevado índice de participación. Ademais engade esta promoción da lingua galega faise dende una marca de prestixio como é Feiraco”.

Premiados
Na categoría de adultos, José Alvite Lema (de Negreira, A Coruña) acadou o primeiro premio con Púxenme a escoitar no silencio da noite. O segundo foi para Pablo Nogueira Campo (O Carballiño, Ourense) con A liña do fronte. A terceira posición recaeu en Manuel Felípez Collazo (A Coruña) e o seu Loliño no que amosa a morriña da súa infancia na aldea.
A categoría xuvenil recaeu completamente en centros ourensáns. Así Unha noite no parque de Miguel Salgado Abraldes, do CPI Virxe da Saleta (San Cristovo de Cea, Ourense) converteuse no ganador desta edición; seguido de Analía Baloira Núñez con Os campos de Galicia toda unha declaración de amor a terra e o rural galego; e Noa Rodríguez Pájaro con Xustiza pola mán que trata sobre a violencia de xénero e a amizade, ambos os dous do IES Xermán Ancochea Quevedo (Trives, Ourense).




