A VeigaConcellosÚltima hora

Macizas Centrais de Trives entre os participantes nos Cantos de Taberna, este venres na Veiga

O domingo haberá a presentación dun libro de Paco Ascón e o concerto da Agrupación Musical de Vincios

Macizas Centrais de Trives./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Concello da Veiga organiza para esta fin de semana diversos eventos culturais en base a un programa que dará comezo o venres 26 de xullo ás 19:30 cos xa tradicionais Cantos de Taberna que este ano contarán coa Banda de Gaitas do Concello de Celanova, Macizas Centrais de Trives e a Banda de Gaitas do Concello da Veiga. A actividade musical arrinca coa concentración dos grupos no Restaurante As Chairas, o primeiro local do percorrido, para continuar polo resto: Albergue Montañas de Trevinca, Restaurante Río Xares, O Retiro (O Coiñedo), Bar Yáñez e Bar Laila.

 

 

O sábado 27 de xullo ás 12 na Sala de Conferencias O Toural , presentarase o libro Mis Reflexiones Vitales de Paco Ascón, o pintor de Xares. Escritor e pintor veigués cunha longa traxectoria profesional, presentará o seu libro, unha viaxe na que reflexiona as súas impresións sobre diversos temas da vida. ao finalizar haberá unha tertulia coloquio.

 

 

Ese mesmo día pola tarde, ás 20:30 na Praza do Toural, terá lugar o concerto da Agrupación Musical de Vincios (Gondomar). Foi no ano 1979, cando Xulio Costas Davila e Guillermo Costas Valverde crearon a primeira escola de música da parroquia de Vincios, no concello de Gondomar. Ese proxecto faise realidade no ano 1982, coa fundación da Asociación Agrupación Musical de Vincios, na que está integrada a banda de música. Dende setembro de 2022, a banda e a escola están dirixidas por Dna. María García Bustos Grao Superior de Música na especialidade de Interpretación, Itinerario Fagot e Máster de Formación do Profesorado en Ensino Secundario Obligatorio e Bacharelato. Conta cunha ampla experiencia en orquestas profesionais, xóvenes, bandas municipais e grupos de cámara.

 

 

Todas as actividades serán de balde, co único obxetivo de “seguir facendo un verán distinto no noso municipio, no que o turismo de natureza sempra veña acompañado de cultura e tradición”, din dende o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button