Cunha sorpresa se atopaban os representantes na Rúa das catro formacións políticas que comparecerán ás eleccións do 25S, cando na mediantoite do 8 de setembro se dispoñían a abrir a campaña coa tradicional pegada de carates: non había taboleiros onde pegalos!! Por un despiste, non colocaran as plataformas distribuídas por toda a vila nas que deberían ir os cartaces, polo que tiñan que conformarse coa colocación das pancartas nos varandas.
Así o facían PP, PSdeG-PSOE e En Marea. O BNG pola contra, unicamente amosaba uns carteis coa frase “Lume nunca máis. O noso monte importa”, xa que decidían suspender a pegada de cartaces en solidariedade cos afectados polos incencios e en protesta “pola política agraria do PP”, en palabras dos representantes do partido na Rúa.
Fotos: Mónica G. Bellver.