A praza de César Conti na Rúa convertíase nun gran escenario na noitiña do 14 de agosto. Numerosas persoas reuníanse alí para asistir á representación de “O Anel Máxico” por parte dos actores de Teatro A Ruada. A función comezaba ás 22:30h. e constituía un dos primeiros actos da Festa de San Roque na Rúa Vella, tras o ritmo da Diverzumba, que tiña lugar o día 13 ás 20h.
O programa da festa continuará esta noite ás 22:30h. con cinema ao aire libre nea mesa praza César Conti e xa mañá venres día 16 ás 11h. oficiarase unha misa na honra de San Roque na súa capela e, pola tarde, ás 20:45h. farase o traslado da súa imaxe.
Os actos festivos, cun programa moi variado, continuarán ata o vindeiro luns 19 de agosto. O programa está organizado pola Asociación Sabugueiro da Rúa Vella.
Fotos cedidas.

