DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima hora

A entrega de diplomas e medallas clausura o II Campus de Fútbol Sala do Pizarras Tres Cuñados, no Barco

 

Cinco días despois do seu inicio, no mediodía deste venres 6 de setembro clausurábase a II edición do Campus de Fútbol Sala do Pizarras Tres Cuñados, no pavillón municipal de Calabagueiros.

 

 

Foi unha semana de moita actividade, deportiva pero tamén lúdica, con adestramentos, partidos, visitas e moito xogo, que baixaba o pano coa entrega de medallas (de lousa) e diplomas “pola súa excelente participación acompañada de alegría, diversión, esforzo e adicación durante o campus”.

 

 

Os encargados de dar as medallas por categorías (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) eran o presidente do club Santiago Vázquez e o concelleiro de Deportes do Barco Arurentino Alonso, que adicaban unhas palabras de agradecemento e felicitación, tanto aos cativos polo seu traballo e bo facer, como aos pais, tamén presentes no acto, por levalos e estar hoxe con eles na clausura.

 

 

O campus contou con 8 monitores para atender aos 75 cativos participantes.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button