
Na tarde deste domingo 22 de setembro producíase un accidente de tráfico na estrada principal da Rúa.
Pouco antes das 16 horas unha furgoneta que pasaba pola céntrica rúa Campogrande dirección Petín chocaba con varios coches que estaban aparcados.

Segundo fontes presenciáis que axudaban a saír ao conductor da furgoneta, o home estaba ben e tal como el mesmo dixo, “sufrira un despiste”.
Ata o lugar dos feitos acudía Protección Civil da Rúa e a Garda Civil de Tráfico.



