OurenseÚltima hora

Visita á exposición ‘Outros Mundos’ e obradoiro de reciclaxe para os Ecovixiantes de Franciscanas

 

Na xornada do luns 23 de setembro os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense visitaban a Exposición Outros Mundos de Forum LaCaixa.

Trátase dunha mostra formada por unha corenta de imaxes dos planetas que o fotógrafo estadounidense Michael Benson procesou con finalidades estéticas. Captadas polas sondas da NASA e a ESA, as imaxes seleccionadas e tratadas por Benson propoñen unha viaxe desde a Terra ata os confíns do sistema solar, unha viaxe que nos permite explorar a beleza e diversidade de paisaxes que nos ofrecen os astros que o constitúen.

 

 

De forma paralela, como parte do seu programa de actividades medioambientais, os Ecovixiantes realizan un taller de reciclaxe e de reutilización coas garrafas botellas de plástico que servirán para retirar todo tipo de material escolar que se vaia terminando ao alumnado: rotuladores, bolígrafos, pegamento de barra etc.

 

 

“Cada botella colócase en cada clase e unha vez cheas, á vez que se cambian por outras, levan ao momento de recollida. Somos un colexio moi grande onde se xera moito residuo que se pode aproveitar”, asegura o profesor Lalo Sánchez.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button