Rúa Valdeorras FSF, Vianariño FS, Ponfesala FSF e Carballiño FSF. Son os catro equipo femininos que están a disputar o torneo amigable no pavillón municipal da Rúa, como parte da preparación do equipo valdeorrés.

Sen o míster, ausente polo falecemento da súa avoa, o equipo anfitrión saltaba ao parqué para enfrontarse en primeiro lugar ao equipo de Viana do Bolo. Custoulles marcar o primeiro gol pero as valdeorresas dominaron o encontro que se resolvía cun contundente 8-0.

O seguinte partido enfrontaba a ponferradinas e carballinesas vencendo as segunda 2-5. Despois xogaranse as finais. O Vianariño xogará co Ponfesala e finalmente o Rúa Valdeorras co Carballiño.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.



