ConcellosO BarcoÚltima hora

Despréndense partes dun edificio nas proximidades do Hospital do Barco

 

Entre os efectos da borrasca que está a atrevesar Galicia, están algunhas incidencias rexistradas en Valdeorras. Unha delas é o desprendemento de elementos dun edificio situado na confluencia da rúa Penaguillón coa rúa Eulogio Fernández do Barco, nas proximidades do Hospital Público de Valdeorras.

 

 

Ata o lugar desprazábase a Policía Local, que procedía a cortar o tráfico entorno do desprendemento para garantir a seguridade. Ata o lugar tamén se desprazaban os bombeiros do parque comarcal, que accedían ao balcón no que se producía o desprendemento.

Fotos: O SIL/ Cedidas.

 

Back to top button