
En Vilanova (O Barco de Valdeorras) están ultimando os preparativos para a festa da cervexa patrocinada por Keler que contará con concertos a cargo de dous grupos de xente moi xove que forman parte de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras), The Green Angels e Seika. Tamén están Navegando a Barlovento, que fará un acústico, e Dj Gavela.

Será mañá, sábado 12 de outubro a partir das 18 horas nas Pistas de Vilanova e contatá tamén con varias food truck, entre elas Pinkandmint Crepería e La Moraleta Burguer. Pola noite a música estará asegurada con Dj Opium do Barco.
E para ir abrindo boca, esta tarde haberá caña e panceta (2 euros) a partir das 20 horas.




