Un ano máis a Festa da Carne de Montederramo que este ano chegaba á XIX edición, contou cun completo programa que incluía un apartado divulgativo, o multitudinario xantar, unha feira-mercadiño polas rúa do pobo, música e unha exposición de gando vacún que este ano chegaba á VI edición cunhas 150 cabezas dunhas 35 explotacións diferentes, a maioría, da zona de Montederramo pero tamén algunha da zona de Castro Caldelas”, di o alcalde.

Da mostra, que reúne a moito público e que incluía paseos en poni e cabalo así como mostra de maquinaria agrícola, encárganse cada ano os gandeiros de Montederramo, que onte organizaban a baixada do gando. Todo un espectáculo, dende o barrio da Ponte, do cruce de Valdaria e de Leboreiro, que supón un atractivo máis para a feira que estivo acompañada polo bo tempo.


Fotos: O SIL.
Máis información e fotos:
Unhas 1.300 persoas asisten á XXIX Festa da Carne de Montederramo



