OurenseÚltima hora

Detido un veciño de Ourense como presunto autor de tres roubos en Castrelo de Miño

 

Na explotación da segunda fase da ‘Operacion Stepasou’ iniciada en setembro de 2024 tras ter coñecemento de varios roubos en Castrelo de miño, o 23 de outubro a Garda Civil de Ourense detivo a un veciño de Ourense de 47 anos como presunto autor de tres roubos ocorridos na Bouza (Castrelo de Miño) “na mesma vivenda na que tras forzar a porta de entrada accede ao interior e apodérase de xoias, moedas de coleccionismo, 24 lenzos, obxectos e 14.000 euros en efectivo”.

O Equipo Roca procedía á detención do autor e “tras realizar un rexistro domiciliario incáutase de varios obxectos que figuraban como subtraídos”, explican dende a Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button