CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Maiores e nenos xuntos nun innovador proxecto interxeracional entre o colexio Pablo VI-Fátima e o Centro de Día da Rúa

 

Baixo o título “A paciencia, o fío invisible que nos une” o Centro de Día da Rúa e a aula de Infantil de 3 anos do Colexio Pablo VI-Fátima poñen en marcha un innovador e fermoso proxecto interxeracional, unha iniciativa con espírito de colaboración e aprendizaxe que enriquecerá a ambas xeracións, e que xorde coa intención de converterse nun programa continuo, que sirva como referente dos beneficios do intercambio xeracional.

 

 

“A paciencia, a comprensión mutua e o valor do tempo serán algúns dos eixos centrais destas sesións, que buscan fortalecer os lazos interxeracionais e fomentar un espazo de respecto e agarimo entre ambos os grupos”, din dende o centro escolar que, na mañá deste martes 29 de outubro acollía un acto que contaba coa presenza dos maiores do Centro de Día e do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo que apoia a iniciativa.

 

 

Aproveitando a fermosa e soleada mañá de outono, o punto de encontro, o primeiro de moitos onde “maiores e pequenos descubrirán xuntos a riqueza de escoitarse e aprender uns de outros”, era a “pequehorta urbana” do colexio, inaugurada a comezos de mes.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button