ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Cogomelos, música, teatro e degustacións, nas XXIV Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives

 

Con máis ilusión que nunca se están a celebrar as XXIV Xornadas Micolóxicas do Club Montaña Trives que comezaban oficialmente na tarde do venres 8 de novembro coa posta en marcha do IX Concurso da Tapa Micolóxica na que participan 14 establecementos de hostalaría trivesa.

 

 

O programa continuaba a primeira hora deste sábado 9 de novembro cunha charla sobre micoloxía a cargo da asociación Os Cogordos, no IES Xermán Ancochea Quevedo, e unha hora despois era o momento de saír ao monte para recoller cogomelos.

 

 

Xa de regreso, en torno ás 14:30h. servíase un xantar gourmet micolóxico no Restaurante La Viuda de Trives. E xa pola tarde procedíase á clasificación dos cogomelos recollidos, no patio da Casa Grande e, seguidamente, a Banda de Gaitas Os Trinstas poñían música ao evento, dando paso á Caniceira que un ano máis era a encargada de inaugurar a exposición cunha obra de teatro. Esta mostra tamén poderá visitarse ata as 22 horas de hoxe e ao longo da xornada de mañá, de 10 a 20 horas.

 

 

Mañá ás 18 horas e neste mesmo lugar (o patio interior da Casa Grande de Pobra de Trives) realizarase a entrega de premios aos 3 locais máis votados en cada categoría do concurso de tapas. Ao final farase o sorteo de premios ao xurado popular.

 

 

Fotos e vídeos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button