DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima horaVídeos

O Rúa Valdeorras FSF suma unha nova vitoria ratificando o seu liderato

Co 4-2 remataba o partido de fútbol sala feminino disputado na tarde deste sábado 16 de novembro en casa contra Ribeiro do Avia FS

 

Seis de seis. O Rúa Valdeorras FSF suma e segue invicto tras lograr unha nova vitoria na Primeira Futsal feminina.

 

 

Na tarde deste sábado 16 de novembro as rapazas de ‘Jovito’ (recén incorporado trala súa operación de xeonllo), saltaban ao parqué do Pavillón Victorino Núñez da Rúa dispostas a ratificar o seu liderato. Diante tiñan ás rapazas do Ribeiro do Avia FC que non estaba polo labor de facilitarlle as cousas opoñendo resistencia.

 

 

Así e todo eran as valdeorresas as que se adiantaban no marcador e lograban a vitoria 4-2, cos goles de Sabe, Leti, Marta e Noemí.

O seguinte partido das amarelas será no Carballiño.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button