DeportesÚltima horaVídeos

12 tripletas, da Rúa e do Barco, participan no “Gran bolazo navideño” que se celebra no Aguillón rues

Está organizado polo Club de Petanca A Rúa

 

Un total de doce tripletas, 8 do Club de Petanca A Rúa e 4 do Club de Petanca Valdeorras, participan no “Gran bolazo navideño” o torneo de petanca organizado polo club rues, que se está desenvolvendo no campo da Rúa, na área recreativa do Aguillón.

O torneo comezaba ás nove da mañá deste sábado 23 de novembro e tras a parada para xantar, reanudarase ás 15 horas ata o seu remate, xa ben entrada a tarde, coa entrega de premios por tripletas (primeiro, segundo, terceiro e consolación). Tamén agasallo para todos os participantes.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button