Marcada pola borrasca está estivo a xornada deste domingo 26 de xaneiro na comarca de Valdeorras, con numerosas incidencias por todo o territorio.

No caso da Rúa, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil realizaban tarefas de limpeza na estrada a carón do río Sil que une a zona da Reza coa do Aguillón, que quedara cortada pola caída dunha árbore.

Fotos: AVPC A Rúa.



