
Non é a primeira vez que se ven. Hai uns meses uns viandantes conseguían gravar pola noite a un raposo en plena rúa Doutor Vila. Agora, era unha veciña a que lle sacaba unha foto a outro pequeno raposo, de novo en pleno centro da vila.
Nesta ocasión o animal era soprendido en pleno paseo nocturno, preto da rúa Circunvalación, en Urbanización Losada, a carón do supermercado.
Foto cedida.



