
Na tarde deste martes 18 de febreiro producíase un incidente na A-52 (Benavente-O Porriño), na saída 224 no termo municipal de San Cibrao Das Viñas.
Arredor das 17:30 horas producíase a caída de caixas con botellas de auga mineral sobre a calzada “a consecuencia da perda da mercadoría dun camión articulado por inadecuada estiba da carga transportada”, provocando o corte da estrada, tal como indican dende a Garda Civil.
No lugar dos feitos as patrullas, procedían a activar a circulación desviando a mesma pola calzada sentido decrecente, “á espera da chegada de mantemento para a limpeza da calzada que estaba totalmente ocupada por fragmentos de restos de vidro e embalaxes (caixas).
Tres patrullas da Agrupación de Tráfico da Garda Civil de Ourense e o equipo de conservación e limpeza da vía restablecían a circulación ás 18:30 horas.




