A RúaConcellosÚltima hora

“Quintos do 77” celebran na Rúa a súa cea anual

 

Tal e como veñen facendo cada ano dende hai 22 anos (comezaban no 2003 e unicamente fallaron nunha ocasión), o grupo de “Quintos do 77” de Valdeorras reuníase na adega do Peyma en Fontei (A Rúa) para desfrutar dunha boa cea.

Comezaban a xuntarse no mes de xaneiro pero foron movendo a data e agora fano en febreiro. Así, na noite do sábado día 22, un total de 26 compañeiros de mili (fallaba un no último momento por motivos personais) degustaban un suculento menú a base de entremeses variados, centolas, langostinos cocidos e á grella, zamburiñas, cabrito con ensalada e postre; ademais do viño e o café.

Fotos: Mónica G. Bellver salvo a primeira da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button