DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O valdeorrés Hugo Sánchez domina nos Santiños

Esta carreira desputábase na mañá do 6 de novembro no Barco coa participación duns 220 corredores, entre adultos e nenos

Ás doce do mediodía tomaban a saída nas pistas de Calabagueiros os participantes na novena edición da Carreira Popular dos Santiños do Barco. Dende aí os corredores afrontaban un percorrido de dúas voltas (agás os cadetes) a un circuíto de 3.500 metros, cuxa meta tamén se situaba en Calabagueiros. O primeiro en cruzar a liña de chegada era Hugo Sánchez, do Club Adas, seguido dos ourensáns Saturnino González e Roberto Espiña.

Tras a competición dos adultos, as pistas barquenses de atletismo acollían as probas das categorías base. En total nesta cita popular barquense participaban uns 220 atletas. A competición tiña asemade un carácter solidario, xa que se podían doar xoguetes novos a beneficio da Cruz Vermella Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/predominio-adas-na-carreira-dos-santinos-no-barco/
https://osil.info/os-santinos-tamen-cita-para-os-atletas-mais-novos/

Artigos relacionados

Back to top button