OurenseÚltima hora

Catro persoas resultan feridas nun choque entre dous turismos, en Maside

 

Na madrugada deste mércores 26 de marzo, producíase un accidente frontolateral entre dous turismos que deixaba catro persoas feridas en Maside, segundo informan dende o 112 Galicia, indicando que o suceso tiña lugar no quilómetro 25 da N-541, en Amarante, provocando “un incendio nun asento e no circuíto eléctrico dun dos vehículos, que foi extinguido rapidamente polos veciños”.

O 112 Galicia tivo constancia deste sinistro minutos antes das seis da mañá, a través dun particular que explicou que “dous coches acababan de colidir frontolateralmente e que posiblemente houbese persoas atrapadas”. Os servizos de emerxencias “descartaron esta posibilidade cando chegaron ao punto, aínda que confirmaron que os coches obstaculizaban a circulación e, finalmente, comunicaron que catro persoas precisaron ser atendidas polos servizos sanitarios”, puntualizan dende o 112.

Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Carballiño, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o Servizo Municipal de Protección Civil do Carballiño.

Artigos relacionados

Back to top button