As bailarinas da Academia de Danza Bayadère que dirixe Nuria Reguera no Barco de Valdeorras, seguen amosando a súa arte, desta volta en terras asturianas.


Na fin de semana do 29 e 30 de marzo participaban con varias coreografías no DelArt Festival, un concurso no que se deron cita músicos, bailaríns e deportistas de España, co obxetivo de “compartir e promocionar o talento, creatividade e esforzo das escolas e os profesionais que as forman”.

Tres cualidades que lles sobran ás cativas de Bayadère que se facían con dous premios. O sábado, o dúo formado por Ainhoa e Isabel lograba un 5º premio na categoría júnior de Jazz Fusión co músical La Máscara. “Estamos moi contentos porque realmente neste concurso non había musicais e foi un pouco extraño competir cos de Jazz Fusión pero fíxerono moi ben, é un baile moi bo e divertido e cónstame que ao xurado gustoulle moito”, di Nuria, moi orgullosa das cativas.

E xa o domingo, Eugenia bordaba a súa actuación logrando o segundo premio na categoría children de Ballet Clásico Individual.
Fotos cedidas.



