Galerías de fotosÚltima hora

Seminario para xornalistas sobre a Eurorrexión e a UE, en Santiago

Abordábanse cuestións como a política de investimentos comunitarios, o emprego, a emigración e as infraestruturas

A sede da CRTVG, en San Marcos, convertíase o 8 de novembro en escenario dun seminario sobre a Eurorrexión e a Unión Europea destinado a profesionais dos medios de comunicación galegos. A iniciativa foi organizada polo Eixo Atlántico e pola Representación de la Comisión Europea en España.

Nesta xornada participaban responsables da Comisión Europea en materia de Fondos Comunitarios, Infraestruturas e ámbitos como o roaming. As ponencias xiraron ao redor do título “A Unión Europea: política de cohesión e desenvolvemento rexional” e contaban coa intervención de Dimitri Barua, portavoz da Comisión Europea (CE) en España; Katerina Fortun, membro da Dirección Xeral de Política Regional da CE, e Carlos de Grandis, da Dirección Xeral de Transportes do mesmo organismo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button