Tal e como vén sendo tradición nesta parroquia ruesa, Fontei abría a Semana Santa cunha solemne bendición de ramos no adro da igrexa, neste domingo 13 de abril.

Numerosa xente, cos ramos de loureiro e oliveira en alto, atendía a lectura do párroco Daniel Pérez, da entrada de Xesús en Xerusalén. “A súa entrada triunfante como rei é o que celebramos hoxe, de aí que este acto se realice fóra da igrexa, simbolizando ese acto entrando ao noso templo coas palmas en alto, para así, acompañar a Xesús ao longo da Paixón”, dicía o sacerdote antes de proceder á bendición introducindo un ramo en auga bendita.
Unha vez dentro da igrexa chea iniciábase a misa deste Domingo de Ramos.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



