
O vindeiro sábado 26 de abril ás 21:30h, celebrarase no Restaurante Pazo do Castro, a cea solidaria en apoio á Asociación Española Contra o Cancro. “Boa comida, boa compañía e música en directo coa actuación especial de Sr. Jingles” ao tempo que se colabora coa asociación.
O prezo da entrada é de 30 euros e poden mercarse en Agricentro Terán, Suá e Comercial Vedo. Para que non poida asistir pero si colaborar, hai unha Fila Cero: ES68 2080 0475 5630 4000 0077.




