OurenseÚltima hora

O circuíto Correndo por Ourense 2025 comeza o domingo 27 de abril no barrio do Vinteún

 

A XIII edición do circuíto de carreiras Correndo por Ourense inclúe 7 carreiras populares polos barrios da cidade. Este domingo, 27 de abril, será a primeira das carreiras, que percorrerá as rúas do barrio do Vinteún.

A proba deportiva que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense comezará ás 11 horas na categoría de Pitufos, ás 11:05 horas para corredores e corredoras Sub10 e Sub12, ás 11:15 horas para Sub14 e Sub16, e ás 11:30 horas para a categoría absoluta (Sub18, Sub20, Sub23, Sénior e Máster).

Sobre as 10 horas pecharanse ao tráfico todas as rúas polas que discorrerá a competición: rúa Madre Soledad de la Cruz, avenida de Santiago, rúa do Vinteún, rúa Río Corzos, rúa Río Mao, rúa Bellao, rúa Río Cobas e rúa Río Camba. O corte de tráfico manterase ata que rematen as carreiras.

O dispositivo deseñado pola Policía local de Ourense establece 4 itinerarios como vías alternativas para a circulación de vehículos:

· Avenida de Santiago: en sentido ascendente polas rúas Río Arnoia, Río Támega, Río Avia, Río Sil, Río Búbal, Río Limia e Avenida de Santiago.
· Avenida de Santiago: en sentido descendente polas rúas Río Limia, Alejandro Pedrosa, Río Arnoia e Avenida de Santiago.
· Río Camba, desvío pola estrada de Oira.
· Rúa do Vinteún: desvío pola estrada de Barra de Miño ou pola estrada Nacional 525 a través do polígono industrial dos Coiñás.

A seguinte cita será no barrio do Couto, o 24 de maio. De seguido terá lugar a carreira Ourense Centro, o 7 de xuño; o 29 de xuño, o Trail Oira-San Tomé, seguirán a de Mariñamansa, o 7 de setembro; a da Ponte o 19 de outubro para rematar na Carballeira, o 19 de outubro.

A inscrición pode facerse desde o espazo correndoporourense.com, que contén ademais toda a información das probas.

Artigos relacionados

Back to top button