Cinco anos despois de que a riada do río Xares que atravesa a localidade bolesa de Barxa (entre San Martiño e O Seixo) partira o piar central dunha das pontes desta aldea bolesa, en xaneiro deste 2025 a Confederación Hifrográfica do Miño-Sil (CHMS) sacaba a licitación da reconstrucción da devandita ponte cun presuposto de 474.400,67 euros resultando adxudicataria a empresa VIPECA OBRAS Y SERVICIOS, S.L.
E segundo as previsións, xa na primavera co tempo máis estable e trala Semana Santa, comezaban as esperadas obras. Primeiro procedían ao desbroce e limpeza da contorna, retirando as árbores máis próximas e xa nesta semana, ao derrube do vello piar danado para, a partir de aí comezar a recontrución ponte.

Fotos cedidas.



