O sábado 10 de maio celébrase a festividade da patroa do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras polo que no centro levan toda a semana, dende o día 5, con actividades para todos os cursos. Houbo demostración de tiro con arco a cargo de membros do club ArcoBarco todos os días e para diferentes cursos; tamén obradoiros de RCP; bocadillo solidario, xogos na horta e contacontos; ademais da entrega de medallas e a eucaristía para toda a comunidade educativa.



Con todo, o broche poráno maña, venres 9 de maio a partir das 20 horas co festival no que actuarán todos os alumnos con coreografías distribuídas por cursos.
Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeo: Mónica G. Bellver.



