A RúaConcellosÚltima hora

Fontei (A Rúa) celebra hoxe a festa na honra á Virxe de Fátima

 

Tralo novenario, a solemne e concorrida procesión das antorchas (o pasado venres) e a misa das Primeiras Comuñóns (o domingo), a festa na honra á Virxe de Fátima, na parroquia ruesa de Fontei chega hoxe, martes 13 de maio, ao día grande.

 

 

Pola mañá celebrábanse varias misas: ás 9 horas a xeral; ás 10:30 horas a dos enfermos; e ás 13 horas a solemne eucaristía presidida polo Vicario Xeral D. Francisco Javier Gay Alcain, precedida pola ofrenda floral dos nenos e xoves.

E xa pola tarde ás 18 horas terá lugar a misa vespertina seguida da procesión coa venerada imaxe polas rúas da vila.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button